Presentación

O Congreso “Concellos 2030” nace coa intención de poder compartir información sobre a sustentabilidade entre técnicos e responsables das nosas administracións e empresas ligadas á xestión dos recursos públicos.

Esta edición está organizada polo Concello de Carballo e Gestagua e contamos coa colaboración da Fegamp e de Urbaser, e os temas escollidos para tratar son O CICLO DA AUGA, O AFORRO ENERXÉTICO, A XESTIÓN DOS RESIDUOS e A MOBILIDADE URBANA, bases para conseguir uns concellos mais sostibles e das que en Carballo poderemos ver algúns exemplos de cada unha destas liñas, que xa se teñen levado a cabo e que consideramos van a ser de grande interese para as persoas asistentes, tendo en conta tamén que contarán coas explicacións de aqueles técnicos e responsables de área que levaron a cabo estas accións e as explicarán de primeira man, incluso cunha visita guiada.

Conferencias


Alejandro Maceiras
Director da revista Iagua

David Pocero
Director de Eficiencia Enerxética de FERROVIAL

Demetrio Gómez
Concelleiro de Mobilidade de Pontevedra

Fernando Nebot
Experto en Mobilidade

Gonzalo Mosqueira Martínez
Xerente do EPE Augas de Galicia

Ignasi Puig
ENT environment & management

Iván Andrade
Director Técnico de ENERGAL e Delegado en Galicia de A3E (Asoc. de Empresas de Eficiencia Enerxética)

Joaquín Suárez
Profesor titular de UDC, GEAMA - Grupo de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente

Juan José Pernas
Profesor de Dereito administrativo da UDC e Coordinador do Foro Galego Local de Economía Circular FOGALEC

Lois Lamas
Concelleiro de servizos do Concello de Carballo

Milagros Lantes
Concellería de Planificación, Estratexia Urbana e Contratación de Carballo

Mónica Pérez Medina
Subdirectora Xeral de Residuos da Xunta de Galicia

Rogerio Koehn
CEO de Gestaguaa

Xosé Manuel Golpe
Técnico da FAEPAC

Programa

Presentacións

Contacto

Para mais información poderán contactar coa Secretaría Técnica en: congreso@concellos2030.gal ou no 618 004 110.